Carlos núñez. o comunista que non foi gaiteiro
SKU
9788411763684
No está disponible
CARLOS NÚÑEZ. O COMUNISTA QUE NON FOI GAITEIRO
Detalles
Descripción: Carlos Núñez Rodríguez figura na memoria de moita xente, e nalgúns libros de Historia, como un esforzado militante comunista, nomeadamente nos anos do franquismo serodio, que tivo gran relevancia nos acontecementos da folga xeral viguesa de setembro de 1972, cando a cidade estivo condicionada polas mobilizacións obreiras. Mais na biografía de Carlos Núñez hai moito máis: desde as torturas do franquismo, o exilio en París e Moscova e a fundación do PCG, ata as súas innovacións municipalistas en 1979 e o 23-F.
Un percorrido biográfico da man de Perfecto Conde, quen, con habelencia, enfía unha conversa que non deixará indiferente a ninguén.
Autor:
Año publicación: 2025
Audiencia:
Formato:
Editorial:
ISBN: 9788411763684
Más sobre
Perfecto Conde (Xinzo, A Pontenova, 1943) estudou Filosofía e Letras e Periodismo e comezou o seu labor xornalístico no Diario SP de Madrid, foi secretario de redacción da revista Chan, dirixida por Borobó, e traballou para a BBC, Television Français 1, Radiodifução Portuguesa, os semanarios Triunfo, Cambio 16, Tiempo, e os xornais La Región, El Progreso, Avui, El Periódico de Cataluña e A Nosa Terra, entre outros. Foi o primeiro correspondente de El País en Galicia ata 1982, delegado do Grupo Z ata 1984 e xefe de investigación e redactor xefe de sucesos do semanario Interviu.