Mejor Precio garantizado | Envío Gratis a partir de 23€ | Recíbelos en casa

Onde nacen as bestas

SKU
9788411106924
Precio especial 9,50 € Precio regular 9,99 €

Consultando disponibilidad...


¿Eres una institución o centro educativo?

¿Quieres comprar este producto después?
Añadir a deseados

Mejor precio garantizado

ONDE NACEN AS BESTAS
Novedades literarias Literatura juvenil Cómic y manga

Detalles

Descripción: Entre o lume do val e as néboas da serra, algo se revolve nas entrañas da Galicia máis feroz e descarnada. Unha serie atroz de asasinatos espertará a memoria dun nome perdido no tempo e, como nun segredo que se comparte en voz baixa, un temor comezará a repetirse nos rumores: «Volveu o Sacaúntos...». «Onde nacen as bestas» é unha novela sobre o lado salvaxe do noso propio ser, onde a montaña marca as personalidades dos seus habitantes e a piedade pode desaparecer en calquera momento. Unha historia cunha atmosfera densa e inquietante, onde as fronteiras entre o cotián e o imaxinario se cruzan e mesturan ata facer imposible distinguir que é real e que lenda. Pedro Feijoo mergúllanos nunha historia de violencia ancestral, silencios familiares e identidades ocultas. Un thriller apaixonante que explora os recunchos máis escuros da natureza humana, onde todos gardamos os nosos segredos e nada é o que parece. Ou, se cadra, si.
Autor:
Año publicación: 2025
Audiencia:
Formato:
Editorial:
ISBN: 9788411106924

Más sobre

Pedro Feijoo (Vigo, 1975) é escritor e músico. Deuse a coñecer como ensaísta co seu libro «Cousas do «Galicia», por Castelao» (1997), ao que seguiu a crónica «Viva o Fu Remol!» (Xerais, 2005). Como narrador publicou as seguintes novelas: «Os fillos do mar» (Xerais, 2012), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2013 e Premio Frei Martín Sarmiento 2014; «A memoria da choiva» (Xerais, 2013), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2015; «Morena, perigosa e románica» (Xerais, 2015); «Os fillos do lume» (Xerais, 2017); «Sen piedade» (Xerais, 2018); «Un lume azul» (Xerais, 2019); «Ninguén contará a verdade» (Xerais, 2023), Premio Xerais de Novela, e «»Onde nacen as bestas» (Xerais, 2025). Ademais, publicou os libros «Camiñar o Vigo vello» (Xerais, 2018) e «Pequena historia de Vigo» (2022), en coautoría co ilustrador Xosé Tomás. Fotografía do autor: Xurxo Lobato