Mejor Precio garantizado | Envío Gratis a partir de 23€ | Recíbelos en casa

Véndoche un poema

SKU
9788411106900
Precio especial 6,64 € Precio regular 6,99 €

Consultando disponibilidad...


¿Eres una institución o centro educativo?

¿Quieres comprar este producto después?
Añadir a deseados
VÉNDOCHE UN POEMA
Novedades literarias Literatura juvenil Cómic y manga

Detalles

Descripción: Teñen algo que ver a poesía e a publicidade? A publicidade invade as nosas vidas, omnipresente. O que pode sorprender é que a publicidade bota man constantemente de moitos recursos propios da poesía. Ás veces, mesmo emprega a propia poesía para dirixirse a nós e tratar de convencernos. A partir da relación entre poesía e publicidade, Fran Alonso convídanos a explorar esa conexión amigable e contraditoria, interesada e diverxente, para ofrecernos un libro de poemas directos, incisivos e críticos, escritos desde contextos onde as imaxes de anuncios publicitarios nos rodean e acompañan no día a día. «Véndoche un poema» é un libro transgresor no seu concepto, desafiante e atrevido nos versos, que dispara poemas á diana da comunicación máis poderosa do noso tempo: a publicidade.
Autor:
Año publicación: 2025
Audiencia:
Formato:
Editorial:
ISBN: 9788411106900

Más sobre

Fran Alonso (Vigo, 1963) comezou a súa traxectoria como escritor ao gañar o Premio Blanco Amor de Novela en 1991 con «Tráiler» (Xerais). Desde entón publicou novelas, libros de relatos, poesía, literatura infantil, xuvenil e libros de xornalismo. A súa obra está guiada sempre por unha actitude innovadora. En 1994 publicou o libro de relatos «Cemiterio de elefantes» (Xerais, 1994) e logo viñeron a novela «Silencio» (1995-Xerais, 2014), «O brillo dos elefantes» (Xerais, 1999), «Males de cabeza» (Xerais, 2001), «Cartas de amor» (Xerais, 2006), «Ninguén» (Xerais, 2011) e «A punta de pistola» (Xerais 2012), que foi XII Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia, así como as biografías «A vida secreta de María Mariño» (Xerais, 2007), «Folerpas de Novoneyra» (Xerais, 2010) e «A voz que vén da seitura» (libro-CD, 2007). No ámbito do xornalismo, publicou os libros «Territorio ocupado» (Xerais, 1998), «Un país a medio facer» (Xerais, 2008) e «Contesta ou disparo» (e-book, 2011). A súa obra poética deuse a coñecer coa publicación, en 1992, de «Persianas, pedramol e outros nervios» (1992), ao que seguiron «Tortillas para os obreiros» (1996), «Cidades» (Xerais, 1997), «Subversións» (Xerais, 2001), «Balada solitaria» (2004), «O meu gato é un poeta» (libro-CD, Xerais, 2011), «Poemas birollos para ler cos ollos» (Xerais, 2016), «Terraza» (Xerais, 2017), «Transición» (libro-CD, 2011) e «Véndoche un poema» (2025). Tamén é autor da coñecida antoloxía «Poetízate» (Xerais, 2006), que se converteu nun best-seller, e dos álbums ilustrados «A casa da duna» (Xerais, 2002) e «A araña e mais eu» (2009). En 2021 publica o ensaio para lectorado infantil e xuvenil «Douche a miña palabra (Xerais, 2021). Así mesmo é colaborador de diversos medios de comunicación, activista a favor da lectura, realizou o deseño e ilustracións dalgúns dos seus libros e leva a cabo diversos espectáculos poéticos. A súa obra está traducida a varias linguas.